Betanzos contará, co apoio da Deputación da Coruña, cunha exposición permanente sobre o Reino de Galicia co obxectivo de contribuÃr á difusión da historia e da identidade galegas a través dunha instalación museográfica estable que se converterá no primeiro centro de interpretación daquela época. A deputada de cultura, Natividade González, e alcaldesa brigantina, MarÃa Barral, asinaron o protocolo previo ao convenio no que se regulará o réxime de uso do novo espazo onde se instalará a mostra.
Segundo o protocolo, o Concello de Betanzos comprométese a redactar e executar o proxecto de rehabilitación dun edificio de titularidade municipal situado na traseira da actual sede da PolicÃa Local, na zona vella da localidade, adaptándoo ás necesidades técnicas e espaciais que requira unha instalación expositiva permanente. O Concello asumirá a totalidade do custo da obra e notificaralle á Deputación a data prevista de finalización unha vez estea adxudicada.
Pola súa banda, a Deputación comprométese a iniciar o procedemento de contratación para o deseño museográfico da exposición logo da sinatura do protocolo. Este procedemento de contratación non se iniciará ata que o Concello de Betanzos teña finalizado e aprobado o proxecto técnico de rehabilitación do inmoble e llo facilite á Deputación, co obxectivo de adaptar o deseño expositivo ás caracterÃsticas arquitectónicas e funcionais definitivas do espazo. A recuperación da historia do Reino é unha das principais liñas de traballo da área de cultura da Deputación da Coruña. Neste marco, a institución promove, entre outras iniciativas, o Fondo de proxectos culturais Reino da Galicia, que vén de escoller as quince propostas premiadas na súa terceira edición, cun investimento de 188.515 euros.