A Xunta declarará BIC sete moedas históricas que ían a poxa

Trátase de pezas que fan parte da colección numimástica do galego Antonio Orol

Sete moedas históricas galegas que se ían por á venda mediante poxa serán declaradas Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. As pezas, do período suevo e renacentista, fan parte da colección numismática do galego Antonio Orol. Con esta declaración, que se efectuará en breve, a venda e exportación deste material deberá contar coa autorización do Goberno Galego.

Segundo explica a Consellería de Cultura, as pezas que saen agora á venda "constitúen emisións únicas que conforman un testemuño material e documental da presenza do Reino Suevo en Galicia e do medievo renacentista, que sobrepasa o interese do coleccionismo".

Na análise do material á venda, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural localizou "cinco exemplares únicos, que supoñen unha testemuña material e documental da presencia do Reino suevo en Galicia, así como do medievo renacentista", polo que as mesmas "teñen a categoría tanto para a historia da Península, como para a Comunidade en particular, de obxecto moble singular".

De cara a garantir a protección das pezas, a Xunta solicitaralle tamén ao Goberno central que as declare inexportables como medida cautelar previa ata que se incoe o procedemento de declaración como BIC. Unha vez iniciado este procedemento, as moedas contarán coa protección preventiva propia desta categoría legal, e o Goberno Galego disporá de 24 meses para completar a declaración.