Alber Ponte chegaba xa a Curtocircuíto cun galardón debaixo do brazo, o certame de guións celebrado dentro do apartado Compostela Ródase; e marcha con outro premio polo seu traballo Esperando, que concede o público e o único con dotación económica (1.500 euros). A listaxe de gañadores do festival que rematou onte é a seguinte: Yolanda Castaño con O vídeo da egoísta (videocreación), Alberto Ruíz Rojo con Dez minutos (fición), Juan Pablo Etcheverry con Minotauromaquia (animación e premio especial do xurado) e Paco R. Baños con Necesidad) (mellor idea orixinal).
Máis información no seu sitio web e en La Voz de Galicia ; vai ver tamén as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.