Co comezo do verán, inÃcianse tamén en moitas aldeas do paÃs, a celebración dos curros. Estes eventos, nacidos con funcións eminentemente económicas que hoxe se mesturan coa festa e co turismo, supoñen, a pesar da súa espectacularidade, só unha pequena parte de todo un xeito de explotación do monte. A gandarÃa do cabalo salvaxe comprende todo un patrimonio de costumes e de xeito de se relacionar de explotar o monte, ao tempo que cumpre unha importante función na prevención de incendios.
Sen dúbida, a parte máis espectacular da gandarÃa do cabalo de monte son os curros, encontros nos que os propietarios dos animais que pasaron o ano en liberdade nos montes reúnenos para os marcar e lles rapan as crinas para despois subhastar unha parte das mandas e ceibar de novo o resto. Este encontros, rexistrados noso nos paÃs desde tempos prehistóricos, supoñen desde sempre, e coma todas as feiras, unha escusa para a festa. Nos últimos anos, o compoñente lúdico desta rapa foi en aumento ao se potenciar a parte espectacular do evento, até o punto que a Rapa das Bestas de Sabucedo foi declarada Festa de Interese TurÃstico Nacional. A pesar da masificación de visitantes foráneos, a pesar da mudanza dos antigos cabalos por motos todo terreo para recoller os animais no monte, os curros mantéñense con forza, mentres labores que até hai pouco tiñan unha importancia semellante no rural, coma a sega ou a malla están xa en franca extinción. Deste xeito, mantense con vida un xeito de gandarÃa que só ten equivalentes na zona de Escandinavia e en centroeuropa.
Pura raza
A raza de cabalo galego é parte fundamental na existencia desta gandarÃa única. Pequeno e capaz de sobrevivir en lugares no que outras variedades da especie non poderÃan, aturando condicións climatolóxicas especialmente duras e aproveitando pastos e mato dos que non se alimentan outros animais. A orixe da especie, segundo a Asociación Pura Raza Cabalo Galego, remóntase xa a Idade de Bronce, sendo esta unha das razas máis antigas da PenÃnsula. As caracterÃsticas básicas deste animal son unha alzada de entre un metro vinte e un metro corenta, a cabeza grande, cor castaña ou negra e grande fortaleza fÃsica. Segundo explica Alberto López, enxeñeiro forestal e grande coñecedor desta especie, "O que se chama raza de cabalo galego crÃase nas serras, sobre todo na Dorsal Galega. Na zona do SuÃdo, o Xistral, Faro de Avión ou o Barbanza". As bestas mantéñense ceibes, de xeito completo ou en réxime de semiliberdade nos terreos mancomunados destas serras, cunha especial presenza na provincia de Pontevedra.
EtnografÃa do cabalo
Os principais elementos de arquitectura etnográfica que están vencellados a este tipo de explotación son os curros nos que se realiza a rapa e a marcaxe dos cabalos, espazos circulares acoutados con valas de madeira e, nalgunhas ocasións, con muros de pedra. Onda eles, diferentes tipos de peches e de muros para evitar estragos nos cultivos son os elementos máis tradicionalmente asociados a este labor. "Este tipo de gandarÃa en liberdade obrigaba a cercar as leiras de pradarÃa que estaban nas zonas máis baixas das serras. Ademais nos montes moitas veces sementábase liño ou centeo en lugares incultos, e iso fixo que se desenvolvesen diferentes tipos de peches tradicionais", explica López. Estes peches foron un dos obxectos de estudo de XoaquÃn Lorenzo "Xocas". O cabalo tamén é responsábel da existencia dunha boa cantidade de útiles de monta e de tiro especialmente deseñados para este tipo de animais e que forman parte do nos patrimonio etnográfico.
Empregos e extensión
Os empregos tradicionais que se lle daban a esta raza era fundamentalmente o transporte, a miúdo substituÃndo as mulas. Pola súa banda, as crinas e a cola destinábanse a encher colchóns. A pesar de que noutros lugares a carne dos cabalos é moi apreciada, en Galicia déuselle pouco emprego. Na actualidade emprégase fundamentalmente para a iniciación á monta, polas facilidades que ten para a doma, e desde a Asociación Pura Raza Cabalo Galego destacan as súas virtudes para o tiro lixeiro de competición. A facilidade de manutención desta especie fixo que, aÃnda que diminuÃse a poboación polo abandono do agro, na actualidade uns trinta mil exemplares vagan polos nosos montes, aÃnda que non todos se poden considerar de pura raza. "Nos sitios nos que habÃa pastos de maior calidade fóronse introducindo outras razas que podÃan vivir naquelas zonas", explica López.
O futuro do cabalo
"Diferentes estudos teñen demostrado que o equino ten grande capacidade para diminuÃr a capacidade de biomasa presente no monte, co que tamén diminúe o risco de incendio", explica López, que tamén recoñece que "por outro lado, o gandeiro habitualmente prendÃa lumes no mato para xerar un pasto menos leñoso" e, por tanto máis axeitado para os cabalos, o que poderÃa incrementar o risco de incendio. De calquera xeito, este enxeñeiro forestal considera que, feitas esas queimas baixo control, o monte vese beneficiado da presenza dos cabalos. "PoderÃanse empregar en explotacións silvopastorais" sinala, "é totalmente compatÃbel con calquera repoboación, mesmo aquelas de crecemento rápido, xa que os piñeiros e os eucaliptos deixan pasar moita luz e permiten que medra moito máis mato", precisamente aquel do que se alimentan os cabalos, polo que esta gandarÃa serÃa un bo complemento para estas explotacións. "Non vexo ningunha actividade que se poida facer no monte que sexa incompatÃbel coa ganderÃa", sinala Alberto, "O único que vexo incompatÃbel son as repoboacións salvaxes nas que se plantan moitas árbores por hectárea". Polo momento é a tradición dos curros a que en boa medida mantén este xeito de explotación. "Penso que é unha festa que pode axudar, o que máis ingresos achega ás parroquias que manteñen esta gandarÃa é o tema dos curros".