Filloa Records é a marca que hai dez anos creou Dygra para facer producións multimedia. Pero co paso do tempo a empresa que dirixe Manolo Gómez veu a necesidade de reconducir o seu camiño, pero sempre relacionada co mundo do cinema. Por iso, desde onte Filloa é un selo discográfico. A súa actividade desenvólvese en dúas velocidades. En primeiro lugar seleccionarán as vinte cancións que formarán parte da BSO de O soño dunha noite de San Xoán, que logo editarán en DVD con distintos extras como xogos e un karaoke. O segundo impulso da compañía é máis ambicioso e pretenden darlle identidade propia ao selo, aínda que de momento non teñen definido o seu estilo musical. O compositor Arturo Kress será o encargado de dirixir esta nova etapa da filial de Dygra.
Máis información no web da empresa Filloa Records e en La Opinión