Nacho Varela, LucÃa Pérez, Christian Escuredo, Náyale, Mar Davila, Belén Pérez, Maribel, Laia de Hoyos e Miguel MartÃnez son artistas que xa deron os seus primeiros pasos no mundo da música e teñen editado un disco (ou están a punto). Ademais, son os participantes do concurso que pretende escoller o primeiro Disco do Ano de Solistas Galegos. Unha iniciativa do compositor musical Félix Cebreiro e a empresa Aplomo Comunicación, que contaron co asesoramento de Nonito Pereira. Agora, comezará unha campaña na radio e na prensa para dar a coñecer os artistas á que precederá unha votación. O resultado saberase en maio no transcurso dunha gala.