O Centro Dramático Galego estrea mañá a temporada teatral de outono. Faino con outra estrea, a de Cristina Domínguez como directora da compañía pública, que presenta O regreso ao deserto, unha adaptación da obra do francés Bernard Koltès. Pero esta obra supón un aspecto novo na traxectoria do CDG, que é a apertura da compañía a dramaturgos contemporáneos e a historias actuais. Veteranas como Pilar Pereira, xente nova como Alberto Rolán e nomes coñecidos como Celso Parada ou Luísa Merelas interpretan unha obra que estará en Santiago ata o 19 de novembro e logo se desprazará a Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo, Vigo e Narón.
Máis información no web do IGAEM e na nosa nova sobre a programación