Canvas Logo Canvas Logo
  • consello da cultura galega
  • temáticas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • axenda
  • lg3
  • mega
  • ciencia
  • arte
  • banda deseñada

    Ramón D. Veiga gaña o I Premio Jaime Olmedo Limeses

    • 24 / 2 / 2025
    • Xermán Hermida. Redacción
    • literatura /
    O autor estrea o palmarés do certame literario que convocan Avigal e Antela Editorial
    Comparte este artigo:

    A primeira edición do certame literario Jaime Olmedo Limeses, que convocan Avícola de Galicia (Avigal) e Antela Editorial, ten xa gañador. Ramón D. Veiga impúxose no certame, dedicado á novela infantil, coa obra Pernascochas, e recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.

    Segundo explica a organización, "a obra conta a historia de Marcelina, unha nena peculiar, que lle propón a Martiño tres retos para que este poida conseguir a súa amizade: un que a sorprenda, outro que a faga rir e outro que a faga chorar como nunca antes chorara". O xurado do premio, composto por profesionais da editora, destacou a alta calidade das propostas que se presentaron ao certame.

    Veiga ten publicado traballos no campo da literatura infantil e xuvenil como Violeta quere ser vampiro, Un conto do Samaín, É tempo de Entroido, Gloria ou a serie de banda deseñada Miñoca.

    literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Outras reportaxes:

    Antón Sobral celebra en Pontevedra e Marín cinco décadas de carreira

    Antón Sobral celebra en Pontevedra e Marín cinco décadas de carreira

    • 2025-11-10 11:29:06
    O artista presenta o catálogo 50 anos de creación, que está dispoñible na rede
    Sergio Moure presenta o álbum da súa <em>Sinfonía Bergantiños</em>

    Sergio Moure presenta o álbum da súa Sinfonía Bergantiños

    • 2025-11-10 11:18:47
    A obra está publicada en álbum e dispoñible nas plataformas dixitais
    Paula Currás faise co XXXVIII Premio de Poesía Pérez Parallé

    Paula Currás faise co XXXVIII Premio de Poesía Pérez Parallé

    • 2025-11-10 10:59:03
    O certame do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene ten unha dotación de 3.000 euros
    Dramaturgas galegas e portuguesas dialogan ao redor de muller e opresión

    Dramaturgas galegas e portuguesas dialogan ao redor de muller e opresión

    • 2025-11-10 10:57:49
    O ciclo Dramaturxias itinerantes volve a Vigo e Porto

    O que din en twitter

    Séguenos
    • Popular
    • Recent

    Debitis nihil placeat, illum est nisi

    • 35 Comments

    Elit Assumenda vel amet dolorum quasi

    • 24 Comments

    Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur

    • 19 Comments

    Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur

    • 10th July 2014

    Elit Assumenda vel amet dolorum quasi

    • 10th July 2014

    Debitis nihil placeat, illum est nisi

    • 10th July 2014
    John Doe: Veritatis recusandae sunt repellat distinctio...
    Mary Jane: Possimus libero, earum officia architecto maiores....
    Site Admin: Deleniti magni labore laboriosam odio...

    Máis sobre o tema

    Open Imagination

    Siro protagonizará o Día da Ilustración 2026

    É a segunda persoa viva en recibir a homenaxe que se celebra cada 30 de xaneiro
    Open Imagination

    Quiosco: Revista Diacrítica vol. 39

    A revista da Universidade do Minho analiza as relacións entre Galicia e Portugal

    Tag Cloud

    general videos music media photography parallax ecommerce terms coupons modern
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada