Varios textos


Lugar: Loira - Seixo .
Concello:Marín

Observacións:
Informante 1: Unha veciña, 60 ano ca., muiñeira.
Informante 2: Un veciño, 60 anos ca., mariñeiro.
Data: 1983.
Gravación e transcrición: M. Rúa Ferradás
Fonte: AGO.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Festa no muíño
È buèno, façemos papas, fixèmos papas, è, è cada un truio o çeu açúcar; èra Carmiña de Pláçido, èra, dòn Manuèl o, o, marido; èra, Ghoçê María, èra Roçalía, Perfeuta è Malucha è eu. È, è fixêmolo no muíño, nunha lareira que había alí; è, ¡ai!, èra Miluca de, de Conexo, tamên; è fixèmos nôs as papas è cada un truio o çeu açúcar. Botámolle leite cunha mighalla de leite condènçado, botámoslle o açúcar, estabámola, estabamos... Compramos uns fueghèrillos, estabamos a, a comere, empezaron a botar nos fuèghèrillos, è comémolase, no pè que había á pòrta; había un pê de, de muíño á pòrta è èlí enriba daquel pê, comemos cadanceu plato de, de papas; è despois cada un lavou, colleu ceu plato è, è lavouno no río. Cando estabamos a comer empezaron a botar fuèghos, empèzan a acudi-los rapaces da plaia... encheuçe izo de rapacex; despois inda cheghou èlí a Ghuardia civil tamên. Dispoise, apa[areceu], xa estaban as papar frías, comeramos as papas è non-os acordara que quedaran dous platos dèlas, còlle Miluca de Conexo un, è Carmiña de Plácido outra, è por riba, è por riba da, da, do muíño por fôra, por riba da, de èlí da, a, coa, co plato das papas; è foi cando cheghou a Ghuardia Civil a, a meterçe con, con èlas, a decirlle que, andabamos açí.
Outra ves tamên fixèmose, coçemos castañax; cocemos castáñase á noite, ¿è zabes quèn veu a...?, è María Ghesús de Quirògha, è mais un irmán que viñèra da Amèrica; è comemos as, as, as castañano muíño; è mais, è fixèmos papas tamên è comemos papas, èra un día á noite. È tanto chovía, tanto chovía, que non ce podía zalir do muíño; un escuro, que non se miraban as uñas. È dispois, alá tíñamos un faròl no muíño, prendemos o faròl è tira, pá de Quirògha. Èlí acabámor de...
E: ¿A fèsta?
I1: De face-la fèsta. Pazábamos cada broma do muíño que...

A vida no muíño
I1: N’o çei, çei que eu fun pró muíño, tiña, xa tiña dèçaoito anos. Empeçei a ire, ècí de día, miña nai iba de noite, è eu iba de día; pèro dispoise empeçei a ir, è de noite tamên è dormía no muíño, è, è muía toda a noite è había que levantarçe múitar vecex porque, claro, ce che acababa antes non tiña báscula nin tiña nada pa peçar o millo, ècí que tiña que moer a, çaqueta por çaqueta, ou çaco por çaco; è çe cadra como èran dúas ròdas, è primeiro moías, botabas nun muíño e botabas no outro è çe cadra acabábache un muíño è dispoise acabábache outro; ècí que había que levantarce, cète ou oito veces de noite; è èsí paçaba, o tempo. È dispois polo, polo día, lavaba è, è viña de ves en cando á caça, pèro... Teño dormido asta os catro meçes çeghidos no muíño ...
E: ¿Sin vir á casa?
I1: Nò, çin durmir na caça. Teño durmido asta os catro meçex; è cando dormía na caça, muitar veces levantábame ár cinco da mañá, è, è tira, ó muíño xa.
E: È conte como, como lle paghaban...
I1:È, è moitos pagharon que non querían que lle maquiaçe. Maquiar èra çacare, un pouco millo, çeghún fora a cantidade, que truèran, o que lle perteneçía; un falare, a dès quilos de millo, a dès quilos de millo perteneçíalle, a, a dès quilos de millo perteneçíalle un quilo, quitarlle un quilo. È ce non paghábanche, claro, en cartos.
E: ¿Que sacaban, millo ou fariña?
I1: Çacaba millo ou fariña, açeghún me fixèra falta. Había un, chamáballe unha maquía, èra feita de madeira; è por un lado levaba un quilo de millo, máis ou menos, porque no había peças, è por outro lado xa levaba or dous; çi èra un çaco ghrande coma de, de, dès cuncas, pois se levaba, vinte quilos, quitáballe dous quilos de millo, èçí.
E: ¿Canto tèn a cunca?
I1: A, unha cunca tèn dous quilos è, è media cunca, aquèla, o cacharro ese chamábanlle a maquía, chamaban a maquía; por un lado levaban un quilo è por outro levaba dous. Èra de madeira, tanto a poñías dun lado coma doutro.
I2: Aora...
I1: Por aquilo maquiabas...
I2: Aora...
I1: È nonhe, è nonhe, non tiñas... Dispois máis tarde pois xa comprei, unha báscula, è entonces peçaba millo è xa deixaba çe cadra o muíño carghado xa pra muitas hòras, porque peçaba, peçaba o millo è xuntábao todo è, pèro cèmpre, tíñame que levantare...
I2: Dille, dille...
I1: Téñome levantado ás catro da mañán...
I2: Dille...
I1: Ás tres da mañán açeghún
I2: Dille, dille a cunca que èra un çestillo.
I1: A cunca non, èra unha maquía, eu non tiña...
I2: Pèro nò, pèro unha cunca preghuntouche canto leva, tiña dous quilos. ¿È un ferrado canto levaba?
I1: Un ferrado eu non, por ferrado non...
I2: Un ferrado (...)
I1: Èran deçaçeis quilos.
I2: Un ferrado collín, collín... trintèdous quilos.
I1: Pèro non, eue, eue...
I2: Pèro por eghemplo; pèro por eghemplo, a ver se me entèndese...
I1: È maise...
I2: tráioche un ferrado. A ver se me entèndes...
E: Pèro non, ó seu muíño paghábase por maquía.
I1: Siii. A cunca, non èra por ferrado nin por nada, paghábaçe por, por maquía. O nòço muíño xa lle chamaban...
I2: Buèno, vale, porque había alghún que deçía: mira, este, véndeme medio ferrado de millo, medio ferrado èra oito cuncas.
I1: È despois traían, muito maquiáballes a fariña è outros millo aceghún. È xuntaba millo è traía pa, pa coçer ou pa, pa os çerdos ou pa, pár ghaliñas è traía, xa chamaban un muíño de maquía porque xa çe, xa èra maquiar. Pouca xente... despois máis tarde ci que paghaba a xente, pèro en primeiro nò, en primeiro todo o mundo paghaba co millo, foi a vida açí, asta, asta dès ou doçe anos.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Occidental
1975 | Noia | labrego , 76
1975 | A Estrada | labrego , 55
1975 | Mondariz | labrego , 62
1976 | Cambados | mariñeiro , 49
1979 | Salvaterra de Miño | labrega , 40
1980 | Cerdedo | labrega , 55
1981 | O Rosal | labrego , 64
1982 | Teo | labrega , 60
1983 | Marín | muiñeira , 60
1985 | Mazaricos | labrega , 46
1986 | Tomiño | veciña , 66
1993 | Coristanco | labrega , 85
1994 | Camariñas | mariñeiro , 63
1994 | Cangas do Morrazo | estudante , 14
1995 | Ribeira | mariñeiro , 24