I: È eu, vamos este vran, acordámonos Tarsio, è mais un amigo meu de aquí que anda na miña clase. Acordámonos tarde è meu pai prestounos unhas nasas, que son nasas portuguesas, nasa güeveira tamên se lle chama, son redondas; è acordamos tarde pèro, aínda anduvèmos dúas semanas, a èlas, è botamos por detrás do muèlle de aí de Aldán. È hubo unha semana que collemos bastante, pa ser, a primeira vez, collemos, colle[mos], fómolas a vender, non sei cantos quilos serían de nêcoras, que máis bèn viñan nêcora, porque largábamos á tarde è collíamos á mañán, porque a nêcora entra máis bèn pola noite; è collíamos pola mañán. È viña bastante nêcora. Había nasas que traían cinco ou seis nêcoras no medio de, sa èra, sa èra coller, non collía meu pai que neses días andaba ó boliche, que ê un aparello que... porque tampouco non, non había lura, non, non. Este ano foi un fracaso a lura, non se collía, è collemos è fúmola a vender è fisèmos oito mil pesetas, ganamos catro mil cada un.
E: ¿Moi bèn, que bèn!
I: Sa ê ganar, claro.
E: (...) Co boliche, por exemplo, ¿que tipo de peixe se còlle?
I: O boliche ê máis ben pa, pá lura, pa coller lura, porque a lura vale bastante; còlles ó mellor, còlles, dous quilos, dous quilos è medio, vamos o quilo vai a dúas mil, non ê coma o pulpo que o quilo vai a, a, quinientas è tamên aora vai, vai a catrocentas, tamên vai mui barato. ¡O grande èh! Que tèn ido asta catrocentas è pico, trescentas, tirado, vamos, coma se fora regalado.
E: Si, si, si, si...
I: È... polo...
E: Falábamos eso, de que andaba mal o pulpo, que andaba ó boliche...
I: Ai si o do boliche; que entón a lura, còlles por esemplo de pulpo, còlles cen quilos è fas ó millor cincuènta mil pesetas è de, de lura còlles vinte, è fas unhas cuarènta mil sa, sa fas...
E: Claro, compensa.
I: Si, compensa máis. Aunque tamên ê máis difícil collelos, colle-las luras; pèro este ano nada, este ano foi un fracaso todo. Foi, casi todo, a lura esa, claro, non aparecía.
Tèn nasas, tèn nasas entón o pulpo chega arriba ¿nò? cando vên, a veces non vên, a veces vên, è hai que matalo. Hai un espicho que se lle mète pola boca è mátase, buè[no]. Mátase porque, ti dáslle nos nervios, è cambia de color sa. Tèn o, si os raxos, tèn oito è unha mitá dáslle nun nervio è cambian de color eses raxos, despois danlle nos outros, noutro nervio è cámbianlle de color tamên, entón sa o matas. Môvese pero sa non se mòve tanto porque se está, se está, se non lle mètes o pau pola bòca pois, escapa.
È tamên cando vên pulpo pequeniño entonses sa o soltamos ó mar; el suèle coller ó día, cando còlle, tèn collido asta cèn è douscèntos quilos, foi o másimo douscentos, paréseme, douscèntos ou douscèntos, casi trescèntos; pèro aora, como, non se còlle muito, por culpa dos barcos eses de Canarias que hai, que còllen, còllen muito pulpo. È tamên hou[bo], hubo un paro biolósico ou alkho ou algo así que, durante dous meses ou así que, un paro que tuvèron, pèro tamên sa cro[baban], cobraban, durante ese paro pa, pa ver si viña máis pulpo è despois... porque estábase agotando entón...
E: È lògo sô, sô, ò sea sô vai ó pulpo teu pai.
I: A veces tamên sae pola noite pá nêcora, tamên pa despois vender ó di[a], vender. Suèle ir á nêcora así pa un fin de semana; vamos, un vièrnes pa vendela, que ê días cando máis vale, nêcora, camarón è iso, tamên. Porque a nêcora ê do, vên sendo a nêcora do camarón, non ê a do pulpo; pèro, pèsca máis bèn, esa nasa pesa, pèsca pulpo non, non èsí... como, porque a na[sa], a nasa do pulpo ê unha nasa cuadrada è non ê coma esa, que esa ê, ê como medio círculo.
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||