Esto, eu chámome, eu chámome Khosé Alfaia è son de Mondariz è dedícome alkho á cosècha do, da viña. A viña, por èkhemplo, pa coller, poder collela, pa poder coller as uvas, o primeiro que hai que facer ê, plantar, a viña naturalmente. Facer unha zankha, un cabañón, khrande, botarlle dentro abono, tòxo, ramor de piñeiro ou o que haxa; è bótase no buraco. Lòkho côllense ar cepas. Ar cepas pòden ser enxertadas ou non enxertadas ou ser bravas. È entonces, cunha vez metidas ar cepas dentro do buraco tápanse con tèrra è, a unhas, á vez que están prendidas, ou faise unha parra ghrande ou faise unha, por èkhemplo, a viña pòde quedar en espaller. È no tempo de, de podar, por este tempo, por èkhemplo, pôdase, átase, cávase è lògo, unha vez que as, que a viña xa sirve, vendíamiase... È, è, claro, ou vindímiase, sulfátase primeiro è lògho poise, esto, depènde. Hai anos que a viña quère máis, mans de sulfato, outros anos quère menos; pèro, nòrmalmente pois, seis ou sète mans non hai quèn llas quite. È por iso ê que, por iso ê que, claro; a viña ár veces, aquí entre nôs, non ê rentable, porque pa vender pouco se còlle. A maior parte do que se còlle cos, consumímolo nôs a maio[r] è muitar veces non chegha. È, è claro; pois, lògo unha vez collida tráese pá casa, mêtese nos barriles è hai xa quèn-o bèbe na primeira semana; outros, outros inda lle dura quince días ou un mes, è naturalmente. Así che ê a vida desta tèrra, que, tamên, traballamor máis có, có que nor dá o campo, pèro... non hai outro remèdio máis que traballare.
È, outrar veces vamos pá feira vender un pòrco è ikhual botamos unha semana na feira co pòrco è non cheghamos a vendelo... Un porque nôs queremos muito i-outro porque eles nos quèren dar pouco. È así che ê a vida.
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||