Varios textos


Lugar: A Calle - Goián .
Concello:Tomiño

Observacións:
Informante: Unha veciña, 66 anos.
Data: 1986.
Gravación: H. Pousa Ortega (E1) e outras dúas persoas máis.
Transcrición: H. Pousa Ortega.
Fonte: AGO.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

A persecución do contrabando
I1: O do contrabando si. Unha ves, unha ves con este, iara un irmán do Vitoriano que se chamaba Pedro, un rapás novo que iara corneta, è estaba aquí en Ghoián. I-entôn, a Marugha do Correo marchara pra Vigho con o, a levar un contrabando, a do Correo; è, díxolle así:
- Buèno Daría, tiès aquí un pouco de roupa pra acabar, è amais as túas empleadas, è, vailla levar á, á tía Lucinda, á tía Lucinda de Troncoso, iè vaslle levar iè, porque vai marchar pó Brasil.
-Buèno, voullo levar.
Iè dixo así Pedro:
- ¡Ah iou vou contigho!
¡Ah!, rapazada, dixo:
- Bian.
El iara corneta, dixo:
- Bian.
Pèro mira, como dixo el así:
- Mañán son os meus cumpleanos, vouvos comprar uns bos caramèlos.
Buèno. Dixo:
- Buèno, está bian.
Mirou vir unhas vielliñas que iaran de pa alá de Astasa, que viñan de alá de Tollo do, da casa das Cascallas que andaban no contrabando. Iè, è dixo así:
- ¡Mèrda!, - dixo- esas, esa lèva contrabando.
È dígolle:
- Déixaas ir Pedro, déixaas ir; ó, ó millor tian muitos filliños.
¡Bah!, el foi indo, foi indo, eu funo, funo embòbinando, funo embòbinando, ¡buèno! El foi. Viñámor de vòlta; fómor leva-lo, o abrigho á, á tía Lucinda, viñámor de vòlta. Ó vir de vòlta, dime el así:
- Ah, ¿pañarei inda a vièlla esa?
Digo:
- ¡Non hòme non! ¡Déixaa tranquila! Déixaa -de verdá- déixaa tranquila. Déixaa coitada a mullèr ó millor tian muitos mociños ou, ¿quèn-o sabe? Ó millor tèn alghunha xente mala, déixao, déixao ire.
Buèno, vèo ó Correo, comprou os caramèlos ou os dulces, non sei que foi, xa non me arrecòrda bèn, sei que el algho nos comprou. Colleu e fuxiú. ¡Ah!, o conto foi así. Entramos no Centro, no Centro, que andaba o “págharo pinto”, iara a mòda do “págharo pinto”. ¡O que iou pasei pra, pra, pra que, que aquiala vièlla se salvara è mirmo así non...! Entôn, entrou no Centro è dixo así:
- È si entramos no Centro, entramos no Centro pra aprender, a tocar piano.
Dixo:
- Pois bian, vamos.
Iou a fae-lo indio con el.
Dixo:
- Bian.
Alá foi pró Centro, el, è tin, tin, tin, iou non entendo nada de música, iou a decirlle:
- ¡Que bian! Mira failo bastante bèn, prá primeira ves.
I-el ¡tarrantantan! a faer no couso. Dixen iou:
- Failo bastante bian.
Cuando estuvo un pouco alí que se enchiú, que nos enchemos, dixo el así:
- ¡Oh! ¡Vamos!
- Pois, vamos, aghora xa è hòra, tès razôn, temos que ir prá casa.
Fomos alí pó Correo, iè, iara na Baranda o, o, donde cosía. Iè fumos pró, pra alá pó Correo, iè el pousou as cousas, diou a media vòlta, desapareceu. ¡Inda foi paña-la vièlla! A un foi correr pó lado do, do, deste, do, do Americano da Douna, foi polo Americano da Douna, inda apañou uns portugheses, inda apañou... Fixo unha trafullada, unha trafullada el, inda apañou unha chea de xente. Iè, iè foi detrás da vièlla inda a apañou. Iè non levaba nada. Iara fodido ese pedrés, ese Pedro, è lògho inda volveu outra ves pra aquí, iara, iara xoscado... ¿Èh? No tempo dos carabinèros, carabinèros, akhora tamên ê bo que lle còrten o pescozo alá a, a Èta, ¡èh!

Contrabando de café
E2: ¿È qu ê o que levaban un tempo... unhas cousas, parecían fakhas, cun así, cun...?
I: Iara o cafê.
E2: Ai èra o cafê.
I: Iara o cafê, as baldranas.
E2: Eu acôrdome vagamente deso, pèro non sei o que había dentro.
I: Ar, ar baldranas, ¡ai!, aquilo, ¡ai!, aquilo. Aquialas do Correo, ti sabes como iaran as do Correo, iaran mui ghordas, ¿tu non cheghastes a conocer a Marukha?
E1: ¿A que tiña a costura?
I: ¿Èh?
E3: Eu conocín a dúas, eu a dúas conocín.
I: A Martina e mala Marukha. A, a Marukha fixo uns pantalôns bombachos, deses que se lèvan aghora á mòda, así mui, mui foludos, iè lògho debaixo pòs metía aquialas baldranas. Iè como en tempos, os coches iban mui cheos, iban no coche do tío Belarmino, na camioneta, na Mis Goián; antôn èla pa subir pa arriba, ¡plaf!, aquilo tudo, aqueles pantalôns, parecía, parecía un khlobo.
E2: Un michelín.
I: ¡Eh!, un michelín. Iè lògho pòs aquialas baldranas, aquialas baldranas cheas, lògho nôs a atafuñarlle, a axudarlle, i-è ar-
ghunhas veces, muitas veces lle axudamos nôs, axudámoslle a ghanar muitos cartos a èlas. Iè, cheghaban a Vigho, ¿è sabes como lle, como iaran o, a contraseña dèlas? Iara o “neghro”, o cafê chamábanlle “o neghro”. Dicía, faláballe prá xente que llo compraban, pòs decíase:
- Ah, vímo-lo neghro.
Iè así, iè dáballe a seña así.
E2: Pois, tamên disimulábanho bèn pouco ¿non?
I: ¿Èh?
E3: Que disimulábanho bèn pouco.

Contrabando de tabaco
I: Iè, iè lògho andaban cun cesto. Lògho èra o tempo do tabaco, do Diana, tabaco Diana, è doutros tabacos; do Diana èra muito, cheiraba aquel tabaco, iara blanco, tan rubio, tan rubio que, iara rubio, mui rubio, ¿acôrdaste?
E3: De, de òír falar si.
I: Iara rubio. Iè, entonces levaban, fixaran uns cestos así ghrandes, feitos especial ¡eh!, iè lògho tiñan dous fondos. Ó principio inda pasou, cunhas aghullas de calceta, enfiábanlle así por debaixo entre os, entre os fondos ¿non?, entre o fondo i-ò, i-ò doble fondo; iè, enfiábanlle por alí, iè bian, naide sabía; pèro sabían que había, xente que o denunciaba; iè tanto fozaban, tanto fozaban non llo encontraban, pèro... ó último dixáronlle que si que levaba. Creo que foi o Fonso, que lle denunciou unha ves o Fonso do, de alá de, da Ghándara que or denunciou. Si, ialas dicían que èra ese, iè, iè lògho pòs, tanto lle anduvèron con, o cesto que se abriú; iè caghou as, as caghetillas, caghou, cagou as caghetillas...

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Occidental
1975 | Noia | labrego , 76
1975 | A Estrada | labrego , 55
1975 | Mondariz | labrego , 62
1976 | Cambados | mariñeiro , 49
1979 | Salvaterra de Miño | labrega , 40
1980 | Cerdedo | labrega , 55
1981 | O Rosal | labrego , 64
1982 | Teo | labrega , 60
1983 | Marín | muiñeira , 60
1985 | Mazaricos | labrega , 46
1986 | Tomiño | veciña , 66
1993 | Coristanco | labrega , 85
1994 | Camariñas | mariñeiro , 63
1994 | Cangas do Morrazo | estudante , 14
1995 | Ribeira | mariñeiro , 24