I: [È iso èra a] falta que tíñamos nôs aquí, neste, o, rincôn. Pèro que empezamos, cuando empezou a xente, que antes estábamos no millo, no millo... è veña millo, è veña millo, cuando empezaron aquí o único que empezou a coller movimiento, ou alkho de evolución, tomates... a pór tomates.
Or vellos, már vellos ca nôr, meus abuelos ou meu pai ou... dice:
- ¡Ai si, si, pór tomates, pór tomates! Despois, xa veremos ao día de mañán, o que pasa.
Se non foran os tomates, porque, un ferrado de millo ¿cuanto vale? ¿E cuantar vòltas hai que dar arredor dele? I-òs tomates tamên queren muita, pèro, ê outra produciôn. Nunha finca de trescentos metros, dá o dòble de produciôn, de tomates; è si se pòn doutra cousa, äínda, o triple. È por iso, claro, que nunca chekha.
Eu xa digo, antes, andaba descalzo. Tomar café, nada. Levantarse da cama, un platiño de caldo, unha aghua fervida, que se vía a cara no fondo. Matábase un pòrquiño ó ano, i-àora mátanse tres, faise xabôn de touciño è, è, è cômese o bo. Asta o bo se lle bota ós, ós pòrcos outra vez, pra criar outros pòrcos.
Eu creo que, iso, que, que, que; pèro, nunca tomábamos un café, nunca tomábamos unha còpa. Aora tomamos un café, repítese. Se fai falta unha cerveza tômase ou o que faia falta. Pèro, claro, queríamos un pouco máis de, de tèla. Porque praaa alternar è iso todo, non chegha iso.
Pèro, como ía unha vida modèrna, tamên debíamos de ter un pouco máis... digo eu. È lògho outra cousa. Aquí tamên tíñamos or montes estes, or montes estes, que antes... Eu caseime no cuarènta è seis, o dozanòve de xanei[ro], de ènero, de xaneiro. Non tiña nada. Intentei, empezar a comprar algo, comprar unha veighiña, comprar un mato, un mato i-ò... un mato de pinos ou así un... non sei se usté entende.
E: Si, si.
I: Pra ter pra o día de mañán.
Aora témo-lor matos. Chegha un madeireiro a comprarlle un pino:
- È que mira, quería, ou faíame falta cartos è quería que me, queríate... a ver se me comprabas estes pinos.
- Òmbre, eu estes pinos cómprotos, pèro tèn mal camiño.
- ¿¡Coño, mal camiño!? ¿Como vai a ter mal camiño? Xa guiei por aí, xa tes unha pista aí a dèr metros. Se fora antighuamente, pòs si. Pèro aora tès unha pista a dèr metros, por arriba.
Dice:
- Pòr mira, se queres, se queres, eu cómprotos, pero doute tanto por èlas, por eles. Doute tanto por eles.
È un, porque, hai que vendelos. È, darllos por tres chicas è media, porque non hai competencia, non hai, non hai, non hai quen compre. Mitá dar fábricas zärráronse, polo qui ê non sei; así que, isto, isto, nunca un tèn tódalas cousas, pèro... Vexo unha cousa así que non se sabe, non...
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||