A raposa de morrazos


Lugar: Soutullo - Erbecedo .
Concello:Coristanco

Observacións:
Informante: Unha veciña, 85 anos, labrega.
Data: 1993.
Gravación e transcrición: A. X. Canosa Rodríguez.
Fonte: AGO-ADLG.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Chamábanlle a raposa de morrazos. È víana moitos, eu nunca a vin. È nôs, ibamos ó muíño de noite, moito de noite. Se cadra inda ibamos durmir un anaco è levantabámonos è ibamos ó muíño. È por aquí abaixo, berraba un bicho. Pò nôs nunca vimos, unhas carpas si, que as sentimos, moitas veces. Pò disque bota lume pola boca, è nôs buè[no], tamên non miramos moito, pa riba. Porque eu vina un día na tèlèvisión è botaba bafaradas de lume pola boca.
E: ¿Que viu pola televisión? ¿A raposa de morrazos? ¿A de aquí? ¿A de Cereixa?
I: Vin a que, a que lle chaman raposa dos morrazos, ê coma un, nin ê animal nin ê cristiano, así da feghura dun... aghora que aí en Cereixa, estaban sentados ó, ó, no vran, así a, è víana todos, pasaba: ¡Rrr, rrr! ¡Ueee, ueee, ueee!
E: ¿Pèro como èra lògho?
I: Ai n’o sei, que eu non sei como ê, que eu nunca a vin. Eu vina aí na tèlèvisión, un día que saliu aí, nunha película. Ê, ê así, nin, tèn partes de animal è tèn partes de xente; porque, din que eses que èran santos, cando, ánxeles cando, Nòstro Señor subiu pó cèo, è disque dixo “ghlòria in escèlsis dèos”, cando foi, subiu pó cèo, è os ánxeles que estaban no aire quedaron no aire, è os que estaban na tèrra, quedaron na tèrra, è os que estaban no cèo quedaron no cèo; è eses disque son, cousas desas que quedaron no aire. Pò eu n’as vin.
E: ¿Pò houbo xente que as viu de aquí?
I: Vin quèn-as viu. Amais òíno, quèn-as viu; pò eu nunca as vin porque, nôs, sentíaamos esas ghritas de noite, aló ás tantas da noite cando ibamos ó muíño moitas veces, prò, non, nunca, non, o que èra n’o vimos. Aghora que, aseghún decía a xente, as ghritas èran coma as dèla. Bèrra ighual cá raposa. ¿Non sabes como bèrra a raposa? ¿Non, nun[ca], nunca sentiches berra-la raposa? ¿A raposa das ghaliñas?
E: ¡Ai si! Alghunha ves sentín.
I: Buèno, pois èla bèrra ighual, bèrra o mismo. ¡Ueee, ueee! Aghora non, nadia, dendes que se fixo aí capilla, non, non, eu non creo, que non se sentiu máis eso. Porque aí había moitos, moita xente enterrada; nôs, a nòsa familia inda está toda enterrada alí. En, en Silván sòlo hai meu padriño è meu pai, dos vèllos; que despois, buèno, o pai deles xa se enterrou en Silván; a nai enterrouse en Erbecedo, amais, dous irmáns, están en Erbecedo, enterrados; así que, disque tiña meu pai, seique, seis anos, cando lle morriu súa nai; è, è esa inda está enterrada en Cereixa, pò despoi-lo abuèlo xa está enterrado en Silván, disque foi o pirmeiro que se enterrou, el amais unha mullèr de alí. È despois abuliuse aquelo è quedou, a xente botou man dos tèrrenos è quedaron-as, as paredes, sòlas. È ó queda-las paredes, dòn Ramiro, un día dixo:
-Buèno se a parròquia me axuda, se quèren, face[mos], levantamos alí unha capilla. È, è ieu compro a Milaghròsa.
Porque aquí xa houbo a Milaghròsa, que din que a Milaghròsa de Cereixa, que ê a que está en Caión: que disque a venderon, o crègho, que a vendiu pra Caión. È como estaba nun sutèrráneo, aquí está nun bòsque, aló que tiña, a esa, que tiña que estar nun bòsque ighual; è como èra bòsque lovárona pa Caión, está aló. Din eso, aghora que eu non-o sei. È despois abriron è xunt[aron], abriron aí máis òsos, ghuèsos, pèrnas enteiras, brazos enteiros, cabezas enteiras, anacos, è xuntáronos nun, fixèron así un, nun cacharozo de cemento è botáronos alí; pò despois, enterráronos è quedaron enterrados alí todos. Non-os levaron pa Silván tampouco. Están alí enterrados. È aghora n’o sei. Ó, se ó habe-la capilla alí, hai misiñas, bótanse misas, è bótase tal; aghora a xente de aghora non, non lle sinto nada deso, que nin que ven, nin que, nin que sinten, nin, nin nada. ¡Ai antes sentíana! ¡Ca! Tódolos días ó cèrrar da noite, è así acerca do día. Inda un, unha ves taban unhas poucas mozas alí nunha ieira è sentírona vir è dixèron:
-Vamos de aquí que velaí vên-a raposa.
È metéronse alí nunha caseta que había alí, deixárona pasar pa baixo, pasou pa baixo. Prò eu nunca me cadrou de vela, nunca, nunca; menos cando ibamos ó muíño de noite, aló ás tantas da noite, sentiamos por aquí; viñan esas carpas así por aquí cara a abaixo, iban por aló abaixo. Eu, lume nunca llo vin botare, nunca.
E: ¿Que iba polo cèo, lògho?
I: Vai pola tèrra, esa non está no cèo, esa está na tèrra è anda no aire.
E: ¿Pèro anda no aire pola tèrra ou polo cèo, hò?
I: Nò anda no aire pola tèrra. ¡Nò! Esa anda no aire, vese, unhas veces vai máis alta e outras veces vai máis baixa. È nôs sentíamos eses, esas ghritas, pèro non, nunca lle dimos importancia, non...
E: ¿Que iba voando, lògho?
I: ¡Òmbre! Claro que iba polo aire. È pasaba aquí decòte por esta, aquí polo medio dä aghra, por aquí abaixo cara aló abaixo, por aló carä á Braña. È a aquèlas no, a aquèlas tantas da noite, non, por aí serían as dúas, ou por aí as tres, porque botabámoslle se cadra unha sabadeira de ghran ó muíño è despois levantabámonos è ibamoslle botar outra a acabar aquèla; è, è non creo que houbèse paxaro ningún daquèla que berrase. Que de noite os paxaros non bèrran, non sendo o moucho, ese, è a curuxa pòde berrar; pò maormente bèrran ó, ó cèrrar da noite, que despois non bèrran. Eu nunca os sentín berrar, despois; ó cèrrar da noite si. O moucho, ese inda berraba bèn de noite, que inda nos viña berrar aquí á pòrta da casa. Aghora non se sinte nada, nin se sinte moucho, nin se sinte curuxa nin se sinte nada. Non bèrra bicho nincún. Non, marcharon de aquí todos, non hai nada deso. Aghora que, inda poñían medo ás veces. Aora non hai nada deso. Marcharon, que aquí aghora non hai abrighos. Marcharon os abrighos todos è... Aghora que o que vaia aí á Carboeira, aí aínda se sinten bèn bichos. Hai bichos aí con forza; pò, aquí non hai. Non hai porque, foron sacando os albres todos. Había moitos castaños vèllos, había moito, maceiras ghrandes, había un... Aghora non hai nada. Foi, desaparecendo eso todo, había... è os paxaros, tamên van a donde había, a donde hai abrigho. Maceiras aghora todas son pequeniñas, è castaños non-
-os hai, carballos tampouco, è eses dòrmían moito nos, nos castaños; facían, os petos facían buratos, è, aghora non hai nada deso. Nin hai un niño aquí de, deses petos carpinteiros lle chaman, è habíaos moi bonitos, non hai. Aghora non hai nada, acábase todo. È os vèllos imos morrendo, è despois inda se acaba máis. Acábanse os vèllos è quedan-os mozos è han ser vèllos.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Occidental
1975 | Noia | labrego , 76
1975 | A Estrada | labrego , 55
1975 | Mondariz | labrego , 62
1976 | Cambados | mariñeiro , 49
1979 | Salvaterra de Miño | labrega , 40
1980 | Cerdedo | labrega , 55
1981 | O Rosal | labrego , 64
1982 | Teo | labrega , 60
1983 | Marín | muiñeira , 60
1985 | Mazaricos | labrega , 46
1986 | Tomiño | veciña , 66
1993 | Coristanco | labrega , 85
1994 | Camariñas | mariñeiro , 63
1994 | Cangas do Morrazo | estudante , 14
1995 | Ribeira | mariñeiro , 24