I: Ás uito marchar pó mar, pä nêcora ¿èh?, pä nêcora. Entónsese traballar toda a nuite, a lanses, cada lanse unhä hòra, cada lanse unhä hòra. Entonses sácase o märisco è lárghase, se non se còllen äquí poise sepárase se cadra dousèntogh metros ou, ou unha milla ou dúas millas, eso depènde. È trabállase toda a nuite, asta pola mañán; äí áse, ás sinco da mañán cárghase o äpärello è vênse con el, pä còsta ou pä tèrrä, descarghare; desíscanse agh nasas è pó muèlle. Entónse-lo märisco, hai que capalo; ä nêcora capala è enviveirala.
E: ¿En que consiste capala?
I: Capala, quèrse disir, sacarlle o, o anclo ¿non sabes? O anclo co älicate, pois, côrtase, que se non devòran unhas as outras, mátanse. Entonses bótase nun, nun viveiro, enviveirada, è ighual ta aí uito días como quinse días, depènde das vendäs; è entonses de día durmire, un par de hòras, è despoise prepara-la carnada outra ves, se ta no conghelador, saca-la carnada do congheladore, a desconghelare, a läñala, pa äí ás sète è mèdiä marchar pó mar outra ves, toda a nuite, traballare. Cadä, cada lanse unhä hòra; á vòlta dunha hòra levantare, è veña, saca-lo märisco, preparalo pòn redeño, amarrado no costado porque se non mòrre, colghado na ghamèlä, è äsí ta asta que se veña pá tèrra. Se se bota a bòrdo pois, mòrre, ¿non sabes? Entonses hai que telo äí, colghado toda a nuite. Ese ê o òfisio da nêcora.
Á laghostä, aora sa non se anda, pois, márchase de äquí, ás nòve da mäñán. Entonses levántase, son nasas mágh ghrandes, è entonses bótaselle tämên carnada dentro: xurèlo, ou, ou cäbesas de, de pescada, calquèra clase de carnada lèvä; è entónsese, poise, levántase è a larghare, no mismo sitio ou, ou cámbiase de, cámbiase de mare; despoise, cando se traballaba ighual se daba outro lanse pola tarde; ás sinco da tarde (...) Levantábase outra ves, è, a nasa que non trae carnada bótaselle carnada, a larghare, cada riseiro trinta nasax, ou cuarènta, eso depènde; pôdeselle bota-las que se queira, è entonses quedan, a laghosta envivéirase ighual, ¿non sabes?, enviveirala, nunha caixa, bèn prepärädiñas porque se non, pican unhas äs outras è mòrren; è despoise cheghas a puèrto è faise a misma mänïòbra. Cámbiase dunha caixa pä outra pä estibalas, con corchos dentro è estibädiñas astä a hòra de lovalas pá venda. Ese ê o òfisio da, da langhosta, è lumbrighante è sentolo, tämên se còlle, è boi. A nasa còlle todo eso.
A da nêcora còlle a nêcora, còlle a sentola, còlle o... este o... o parapeto, è non hai máis. Aora, a da laghosta còlle a laghosta, còlle o sentolo, còlle o boi è còlle o lumbrighante. Nos tres meses de vran, que ê ghulio, ghunio, è ghulio è aghosto. En setièmbre sa ta, sa ta vedada. Ese ê o, o, a clas de märisco.
Despòse, ó xeito, traballando ó xeito, ó palanghre, pois, è chámäse as pèsas do seito. Lárghase ó sarrar da nuite, ta unha hòrä ou hòra è mèdia o äpärello largho, entonses levántase; se tèn särdiña desmállase, se ê que malla muita, cárghase o äpärello todo a bòrdo è desmallar a puèrto. È entónsese vale pa carnada, vale pa vendere, è magh vale pa comere, se se còlle, se non se còlle pois, xa nada. Eso ê o, o artículo.
Ó palanghre do conghrio; pois ighual. Aorä, lárghanhe, aí ás nòve ou ás dès da, da nuite, asta pola mañán. Pola mañán, äí ás catro da mañán lovantan; entónsese, lèvä sète ou uito hòras en levanta-lo äpärello todo, que son vintètantos palanghres que hai que larghare, ou trinta, è cada palanghre lèvä sènto sincuènta ou sènto, ou dousèntos änsuèlos. Ê muito tiempo, que alcansa, o menos catro millas. Entonses despoise vênse pa puèrto, vaise botando o palanghre todo na, nas sestäs, è preparalo, pa de nuite, volvere, outra ves ó mar. È o peixe que se còlle: còlle o conghrio, còlle o, a bertoella, còlle a chèlra, è, còlle o mälghacho è des[pois] còlle a quènlla, esa clas de peixe, non còlle máis, más peixe. È despò-lo peixe, pois, ou se vènde no porto que se ta ou se trasporta pa Coruña, ou pä Vigho ou pa onde sea. Eses son-
-os artículos de äquí, que se traballa äquí.
È as nasas son de mädeira è mas de fèrro, ¿non sabes? Pódense levar de, das, das dúas clases; por eghèmplo poise, pa nêcora millor ê a de fèrro cá de mädeira, tèn más diámetro, tèn más poso è amaise...
E: ¿Que ê o poso ese?
I: Máse, más amplitú ¿non sabes?, tèn más amplitú, è a, amaise ê más pesada è n’a domina tanto o mar coma a de mädeira, a de mädeira ê máis, máis ròlete. Aora, por pescare, pèscan tamên bèn, tanto se pòde levar de mädeira coma de fèrro; pèro polo reghular pa nêcora millor ê de fèrro; despòse haias de mädeira ighual, que o que n’a tèn de fèrro pòs lèvaa de mädeira, e, nonhe, sa digho, non...
E: ¿È que partes tèn a nasa ou non, non tèn así partes?
I: Non, a nasa ê toda, tèn sòlo unha, unha parte de riba pä entra-lo märisco, ê toda särrada...
E: ¿È esa parte?
I: ...Unha boca.
E: ¿Esa parte chámase boca?
I: Si, chámase a boca da parte da nasa, a parte alta; despois nas, nas dúase partes, nas tèstas, eso vai tapada cun aparello, todo envòlta, tapada cun aparello; è dentro ê onde lèvä a carnada, chá[mase] o sebo, chámase o sebo, pèro vai a carnada. Lèva unha boca, de, de trinta de diámetro por quinse sentímetros de alto, è entonses lèvä un furado en cada parte pa colghare aí as carnadas que lèvän pa, pra come-lo märisco.
E: ¿È as tèstas que son, as partes laterales?
I: Eso, si, èsatamente.
E: Unha parte è mas a outra. Esas son as dúas tèstas.
I: As dúas tèstas eso. A nasa tènhe por eghèmplo, de, de lar-
gho de cuarènta, por trinta, non, por trintä seis ou trintä sète de diámetro en vòlta. Ese ê a nasa da, da nêcora, haias de muitos, de muitos diámetros.
E: Además da nasas que, que outras cousas...
I: Además das nasas...
E: ...¿que outras cousas prä pescar se utilisan, ou pä coller marisco?
I: Pa coller märisco non hai más ca eso, ca nasä, pó märisco non hai más ca nasä, tanto pá laghosta, como pa nêcora, coma pó p[ulpo], o pulpo tamên se còlle coa nasä; pèroe, pó märisco non se pòde collere, na bäixura, porque despôs hai os barcos de arrastre, que no arrastre a nêcora n’a còllen pèro còllen-a ghamba, è còllen-o langhostinhe, è todo eso, que non-a còlle a nasä.
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||