Papá, un día que viña das moçax tamên lle paçou un, unha couça deçäs que çèmpre, nunca cría no medo è çempre diçía:
-Çodes uns tolos, çodes así è çodex andando.
È entonçes el unha vegh viña dagh moçax è tuvo unha pelea cun, cun hòme xa vèllo è díxolle que o había de ir eghperar ó camiño. È entonçes el viña con algho de temor que o vèllo viñèra eghperalo a el ó camiño. È entonses cheghou a unha finca ghrande è apareçiulle unha lus, è dixo:
-Aí vên-o vèllo.
È vai el è púsose cogh pelogh de punta pra ire, pra lle ir çumbar ó vèllo; è reçulta que vai è cheghou ó camiño è dou en correr tragh do, da lus, pensando que èra o vèllo; pèro depois aquèla lus arraiou todo è el tuvo que se escapar. È non çoubo o que fora. Marchouçe è máigh nada. Vèllo non-o èra.
E: ¿Pèro pensou que èra do outro mundo?
I: El non pençou nada, pençou que aquelo que fora un çusto, è el fuille unha cousa que non lle pareçiu que èra bèn aquelada, porque se non el... El curriu cueso de que non tiña medo, pèro deghpoix el medo agharrou; è non viu máigh nada que eso, que ê unha lux que espallaran; è èra un hòme que non tiña medo a nada. È entonçes muitas cousas, inda nogh fai crier que din que non hai eço, è que tal è que sei eu, pèro el ese susto paçoulle porque o sei eu mullère, eso seino eu.
E: Eso si pèro, o dèmo podíasevos apareser en forma de carneiro, viñas de busca-lagh vacagh è paresíavos que èra un carneiro è non iba pá caça, cóntame tamên.
I: È non iba; purque entonçes ti currías toda a nuite tragh do carneiro è o carneiro non iba prá caça. È entonçes así que te fartabas de correr tragh do carneiro, o carneiro marchaba, è, è peleabas è peleabas cuel, pèro prá corte non-o mitías, non èras capás.
E: Entonses disían que... o mighmo cunha vaca è cos outros animales.
I: È o mighmo che formaba unha forma dunha vaca è non èra unha vaca.
Unha ves Domincos do Roque ¿pòdo di[çir]? Unha ves Domincos do Ròque, levantouçe a, aí ás tres da mañán; è che-
ghou á eira è tiña unha vaca comendo no millo, no pallòte. Estaba comendo no millo è vai el è dixo:
-¡Vaca tò!
È vai a vaca è douçe en formar è en envistir cara a el, è vai el è díxolle:
-¡Mi madre, è cômeno-lo millo todo!
È el, cos outros na caça xa esperando por el que quirían salir pròn traballo è el correndo tragh da vaca. A vaca botoua da çúa eira que lle cumía o millo todo è fui prás còles do Cançèlo. Cheghou ás còles do Cançèlo è a comerlle alí.
- Pois teño que llas turnar das còleh do Cançèlo.
È di el, así que se fartou de correr toda a nuite, non dixo nada, nin dixo “arnèghado sea o dèmo” nin a nada è deixou a vaca. È ó outor día fui mirar: nin había o millo comesto nin-as còles do Cançèlo.
Açí que couças desas habíaas.
E: Cousagh desas habíaagh pèro eso contábano os vèlloh, pèro eso viuo a xente nòva, da túa edá, è todo eso.
I: Eso viuo unha persona da miña èdá, que tèn sobre, corènta è sète anos.
E: Corènta è sète anos.
I: Eu eço non-o vin, pèro a el çintinllo diçir. Dixo:
-Eu currín toda a noite tragh da vaca, è a vaca, unha vaca boa que metía medo, è eu sin, sin me dar conta de que a vaca façía eço. Porque eu pençei que èra vaca, de çèrto; è non èra vaca que deghpois nin comiu o millo nin comiu as còles. È dixèno que èra a for[ma], a forma do dèmo.
E: ¿È contra o dèmo que fasías, cando...?
I: Contra o dèmo había que desarnèghalo.
E: ¿È a eso como?
I: È ó desarnèghalo marchábache; tirábache cagh paredes è marchaba.
E: ¿ Pèro como o desarnèghabas?
I: ¡Arnèghado sea o dèmo, san Silvestre!
E: ¿Sèmpre o mighmo?
I: È sèmpre o mighmo, ou te porsinabas...
E: ¿È xa pasaba o medo?
I: ... è entonses el marchaba:
-¡Arnèghado sea o dèmo, San Silvèstre!
È ó façeres eço, entonçes o dèmo non che façía caço porque ti non fasías ca[ço]. El paresíalle que ti que non estabas contra o dèmo, è entonçes... pèro se lle façíax caço, o dèmo, corrías tragh del toda a nuite è púñaseche en forma de animal.
E: ¿En forma de animal?
I: En forma de animal
E: ¿De persona nunca?
I: De persona non, de animal, en forma de animal; è botábache aghrúgh coma persona. Aghruábache.
E: ¿Como èra o...?
I: Botábache un aghrú coma a forma dunha persona. È dis:
-¡Diòs mío! ¿Quèn vên aí?
Prò deghpois púñaçe en forma de animal.
E: ¿È eso èra sobre todo, no, máis què nada pologh camiños donde pasaban mortos...?
I: Eso por camiños donde, non; por eghemplo, polo Vade Vilare, èra un camiño tapado cun pinal... èra un camiño donde non pasaban mortogh nin nada, èra un camiño aquelado. Como por eghemplo, chamábamoghlle os Nabais, aghora donde hai unha carretèra ¿non? pèro chamábamoslle os, os Nabaix è eí apareçíaçe çèmpre eço. È entonçes ibas pra Furníx, que ti sabes ondi ê Fornix, è íbamos pra Furníx è entonses alí, botábache un aghrú, ou che diçían:
-¿A onde vas Carme?
È ti diçías:
-A Fornís.
-¿Lògho quès que vaia canda ti?
È ti non vías ninquên; è deghpois diante vías un carneiro:
-¡ Ai! - dixo - ¡Ai Diòs mío onde hai un carneiro! Hai que o levar pró lughar.
Púñaste a correr tragh do carneiro pèro pró lughar n’o tra-
ghías. Non había caço que non viña. È corre, è corre è corre, è se lle diçías:”¡Arnèghado sea o dèmo, san Silvèstre!” o carneiro marchaba.
E: ¿È nagh casagh, cando estabas na casa?
I: Non, nagh casas non deço non apareçía, non.
E:¿O dèmo non?
I: Non.
E: Pèro non desías que parese que a xente quedaba sin fala ou...
I: Buèno, eço paça na cama, eço pásame a min aíndä, ¡èh! Quedas, apèrtáçeche coma o, açí un, unha pesadilla ghrande, è entonçes ti, unha cousa que non che deixa falar è ti tès o conoçimiènto de falar è eço inda me paça a min tamên. Pèro...
E: Entonses ti dis que ê o dèmo aínda.
I: È eu digho si çerá o dèmo que me atenta, que demais eu non vexo nada ¡èh!, a verdá ê que non vexo nada. È ghrimos desos eu tamên-os teño, pèro non vexo.
I: ¿È pasouche alghunha ves de te asustares tamên co dèmo, a ti tamên, non?
I: Buèno, eu co dèmo a diçi-la verdá, así en forma de, de animal è eço eu non-o vin, ¡èh!
E: ¿Pèro agh vèllas así coma túa nai?
I: Pèro miña nai çi, miña nai çi. Miña nai viña do Fesuíño busca-las vacagh unha ves, do monte, do prado, coma ti sabex, è entonçes cheghou ó Brañal, que sabes onde ê. È entonses vai è non viu vacagh nin viu nada. È agh vacagh viñan de diante è entonçes dixo èla:
-¡Ai, Diòs mío! ¡È marchánome agh vacas!
È vênse correndo è dèno en cae-las paredes todas è dixo:
-¡Ai, Diòs mío! ¿Que andará aquí?
È resulta que caeran-as paredes todagh do Brañal. È dixo:
-Mañán, alí andou xente tirando con paredes ...
È èla marchou asustada pençando, cun medo non; pèro pençando que èra xente que tiraba ah paredeh. Ó óutor día fui pró monte e as paredes todas irghidas.
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||