Ê unha vida, bonita, si, o traballo ê bonito, ves, tas no mar, unha vida moi, dikhamos, dentro do que che pòde cansar o, o traballo pois, sosekhada. Personalmente a min pois, estar no mar, navekhar, o sòl, ver as estrellas, ás veses ver unha puèsta de sòl na, na sona marroquí ou pola, polo sur das Canarias ê moi diferente a como a podemos ver aquí; ver unha chuvia de meteòros con sièlo estrellado no medio è medio do mar ê, ê impresionante, máis impresionante ê ver unha tormenta, que che colla unha tormenta no medio do mar. Así como ê impresionante ê, aco-
khonante, lò.
Tamên, pois si, ê bonito eso, lò, navekhar, ver oitros bárcose, ó teu lado è saludar á xènte doitros barcos ou incluso falar pola telefonía con eles. Ê khodido porque, moitas veses veste impotente, lò; estás, limitado aí nunha dimensión de, de madeira ou de fèrro, nun habitáculo dentro do que pòde ser un barco khrande na, na khrande estensión do mar pois ê moi pequeno. Cando hai, temporal, pois veste impotente porque non, veste impotente, que está o mar a, estás á mersede do mar è non pòdes faser nada pa, nin pa ir pa tèrra nin pa nada. Ás veses non, ê, êche imposible navekhar, polo mal tempo, pola, pola cantidá de vento è òleakhe que hai è non pòdes navekhar porque o mar poder, pôdeche desfase-lo barco; è tèste que quedar, á capa, lò. Á capa chámaselle cando hai mal tempo, a non poder navekhar, lò; pois quédaste, ê o que se lle chama atravesa[do], medio atravesado á víä, ao amparo do vento, lò, cortando así, medio de travês da proa do barco. A proa ê a parte dianteira do barco ¿non? È nin, nin moi direito ó vento nin moi atravesado, lò; pa, dikhamos pa cortar o vento è as òläs, pa estar máis á mersé das òläs pa, ó vaivên das òlas, lò, pa que non che, non che colla tan de cheo o, o òleakhe nin o vento, ¿non?
Veste impotente tamên pois cando, cando tès unha avería. Personalmente eu can[do], son mecánico, è teño sufrido averías è, è vamos, non pola dificultá en si por arrekhlalas sinón polo tempo que che pòda levar; porque o mar, si, o mar ê moi khrande, pèro, tès barcos navekhando, barcos pesquèros, mercantes, pasando dun lado pa oitro, que... por sièrto, os mercantes si non che respètan moito a distansia que debían khardar de navekhasión, sèmpre se che mèten moito na, na còsta, moitas millas adentro da còsta pa, pa aproveitar, vamos, pa khanar tempo è, è consumo, lò; è, crean moito pelikhro ós barcos que estamos pescando, lò, que non ê o primeiro caso de pelikhro de envestir outros e de embestida è, è afundimento, como sa tèn habido, lò.
Impotente pois nunha avería cando, tès unha avería è pôdeche levar tempo ou non tès un repuèsto è tès que entrampar, dikhamos, co que tès a bòrdo, lò; faser ó millor unha pèsa a tòrno ou, ou soldar por non ter un èkhe de repuèsto ou äsí; è ó mellor pois, vênche o patrón, o patrón de pèscä:
- Pois apura aí, que vèñen aí un, vên aí unha sèrie de barcos è...
È, è vamos, acokhónache máis porque ¡coño!, vèñen barcos ê ó mellor veranos ó mellor non... porque os mercantes moitas veses van co piloto automá[tico], o automático, è entèraranse ou non. È acokhónache, lò; è, è veste nekhro pa, pa en menos tempo do que che fai falta arrekhlar eso. Se ê nunha sona de, de nave-
khasión como ê o Estreito de Khibraltar, pois vamos, ê, ê moi acokhonante, porque hai sèntos è sèntos de barcos entrando à salindo nunha sona moi, moi estreita.
È despois, ¿que máis? Pois, que teñas unha averíä è n’à pòdas arrekhlar; quedas á mersé de, á mersé do tempo, das òlas è, si tès un barco, que, sèrca que che pòda traer remòlque pois, aínda, aíndä; pèro que non teñas nincún barco sèrca, o remolcadore estea moi lèxos ou ó mellor non pòdas sekhir polo mal tempo, estás á mersés do tempo, que che pòde levar ou bèn mal a, mar a fôra, ou bèn cara a unha sona donde están pescando barcos ou están barcos ó mellor á capa, è a millor moitos barcos, de pèsca, non están preparados debido ó seu tamaño como pa, pa levar un remòlque dun barco, coma o nòso, das dimensións do nòso.
È... ¿que máis? O mal tempo; si, o máis, o máis, o máis que che acokhona ê o mal tempo. Si che lèva mar a fôra, pois non tanto, porque mediante a, a telefonía è, è sistèmas de comunicasión que hai pois, por satêlite xa, xa che localisan ó instante as, as costèras è máis os sistèmas de lante, de salvamento, lò. O maiòr problèma ê si che lèva pá tèrra, pa cara ós, uns arresifes, cara... vamos, ê o maiòr problèma que encalles ou, ou que vaias varar o barco, que che pòde desfaser o barco todo, lò; ese ê o maiòr problèma. Pèro vamos, dentro do, do que cabe nunca estás sòlo no mar; as comunicasións hoxe día están bastante bèn, è sèmpre pois, pòdes dispoñer dun barco sèrca que, malo será que non estea un barco de salvamento, si non ê dun país ê de outro, ou un barco pesquèro alí sèrca ou, ou alkhên que, a moi, a moi lèxos que estea pois malo será que non, que non che estea a, a me[nos], a menos de dose hòras de ti, lò.
Sobre as, os diferentes artes ós ¿ós que traballín? Pois, ò sea, no que estou aora ê o que lle chaman o pincho, que xa falín antes un pouco del. Vamos, ê unha, dikhamos un, unha sèrie de cordèles de chi... de fí[os], de, de fíos, lògho, de, de material de, de tansa, que lle chaman. Unha sèrie de cordèles postos no mar; van balisados, ò sea, postos no mar por pèdras no fondo è por, por bòias è, no, a flòte, lò, na superfisie do mar, pa, pa akhuantalos a unha, a unha determinada altura, lò. Pôdenche levar unhas bôlas no medio pa lle dar o, o arco que ti quès, a, ao arte, ao arco da, da curva que crea o aparello, sekhún o, o peixe ó que traballes, lò. Despois cada, cada pèsca pois tèn a súa teoría de “a tantas brasas ê millor” ou, ou “a tantas brasas ê millor unha bôla, ou ê millor unha pèdra, ou unha pèdra máis pequena ou unha bôla máis khrande”. Ê unha sèrie de, como dikho de, de, de cordèles dikhamos, que cada tantas brasas lèvan uns ansuèlos, que lèvan carnada; carnada ê un determinado peixe, que se lle mète pa que o peixe pique, lò, pa que o peixe en cuestión que vas pescar pique. È dáslle un tempo de, dikhamos de repouso pa, pa que o peixe coma, lò; è depois valo metendo, valo metendo por un aparello que lle chaman halador; halador ê un aparello hidráulico, un aparato hidráulico, ò sea, hidráulico ê que se mòve por, por aseite, lòkho, por forsa hidráulica, de aseite; è tèn un, un disco khrande pa, que che tèn coma unhas, coma unhas mordasas, que pola parte de arriba, sêrraseche; por dentro tèn unhas khías, ¿non?, è ó chekhar ás parte[s], á parte darriba, khirando o halador sêrrache è môrdeche a madre pa ir metendo ¿non?, porque eso pòrta moito do mar, pesa moito è tès que ter alkho que che akhuante bastante bèn, pa ir tirando por èla. È pois ó ir metendo, ó ir dando vòlta, cando dá un cuarto de vòlta, pois a, a khía que tèn por dentro vaise, vaise estreitando è, è as khías van abrindo; as, as mordasas van abrindo è van soltando a madre; è van caendo na cubièrta.
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||