Poderán participar todas as persoas que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués. Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de SEISCENTOS VERSOS. Presentaranse mecanografados e a dobre espazo en follas tamaño folio, escritas por unha soa cara en exemplar sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
As obras deberán presentarse baixo lema, indicando PARA O XXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE. Nun sobre anexo, pechado e co mesmo lema figurarán o nome, apelidos , n.º de carné de identidade e enderezo do autor ou autora e , a poder ser, o seu teléfono e enderezo electrónico.
O fallo, en maio.
Convoca o Excmo. Concello de Ourense. A entrega farase no Rexistro do Excmo. Concello de Ourense (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado, facendo constar no sobre PARA O XXVII CONCURSO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.
Dotación: Outorgarase un único premio dotado de SEIS MIL EUROS, e a publicación do libro.